O camping da Freixa é o lugar perfecto para descansar durante o festival. Despois de moitos anos pechado, reabre as súas portas para que poidades desfrutar da combinación de música, natureza e comodidade con zonas de sombra, mesas para comer e moito máis. Todo situado ó carón da praia fluvial e a 5 minutos andando do recinto.

O acceso será dende o venres 12 de xullo ás 14:00h, e poderás quedarte ata o domingo 14 ás 14:00h.

Se tes unha furgo ou autocaravana, tamén podes acceder ao camping!

Debes enviar un correo a info@imaxinariaproducions.com adxuntando a túa entrada de camping xunto coa matrícula do teu vehículo para reservar a túa praza. As prazas son limitadas! Polo que se reservarán por orde de chegada dos correos. Isto só é necesario se vas acceder con furgo ou autocaravana.