PREGUNTAS FRECUENTES

Onde será o festival?

Onde podo mercar as entradas?

Os abonos únicamente se poden adquirir na nosa web www.afluentefestival.es ou en www.wegow.com

O festival Afluente celebraráse os días 12 e 13 de xullo de 2024 en A Freixa, Ponteareas (Pontevedra).

As entradas son nominativas?

Non, nas entradas só figura o nome do/a comprador/a.

Hai entradas por día?

Sí! Podes mercar as entradas individuais para o venres 12 ou o sábado 13 dende a nosa web.

Hai zona de acampada?

Sí! Podes reservar a túa parcela aquí, estarás a 5 minutos andando do recinto e a carón da praia fluvial.

Teño que levar a entrada impresa?

Non é necesario, soamente tes que traela no teu móbil.

Haberá opcións de comida no recinto?

Sí, contaremos con diversas foodtrucks cunha oferta variada, incluíndo opcións veganas e vexetarianas.

Hai un espazo reservado para caravanas no camping?

Sí! As prazas son limitadas, polo que para reservar a túa debes mandar un correo a info@imaxinariaproducions.com adxuntando a túa entrada de camping e a matrícula da túa autocaravana ou furgo. Reservaremos por orde de chegada dos correos.

Podo ir ao festival se son menor de idade?

Se tes entre 16 e 18 anos podes acceder sen compañía dun adulto cumplimentando o permiso de acceso a menores. Se eres menor de 16 anos debes ir sempre acompañado dun adulto. Os menores de 12 anos poden acceder sen entrada sempre que estén acompañados dun adulto.

Cando podo acceder ao camping?

O camping abrirá as súas portas o venres 12 de xullo a partir das 14:00h e pechará o domingo 14 de xullo ás 14:00h.